Exposición “Fora de campo” Caxigueiro, Eduardo Estévez, Ernesto G. Torterolo e Ignacio Castro “Nachok”


A exposición Fora de campo nace como proxecto colectivo co que se pretende reflexionar e crear ao rededor da fotografía e os seus límites.

O grupo formado por Caxigueiro, Eduardo Estévez, Ernesto González Torterolo e Nachok ( Ignacio Castro) propón un achegamento a esta disciplina explorando as posibilidades que poden ofrecer outras linguaxes artísticas (pintura, escultura, Videocreación e poesía) na procura de lecturas menos convencionais,

Nesta mostra afotografía é un pretexto para mirarse ao espello, a esa instantánea que reflicte tanto os conflictos persoais com sociais, que o mesmo seduce, que provoca ou documenta. Fora de campo é unha iniciativa que aspira dende unha ollada periférica a contemporánea a intervir unha arte que forma parte das nosas vidas.

Scroll Up